Friday 01 de November de 2024

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio


O proxecto supera os 86.000 euros de investimento.

O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo Concello e dirixido a mellorar a estrada mediante a renovación do pavimento da superficie de rodadura dos vehículos. Tamén se contempla a limpeza das cunetas, o acondicionamento dos bordes da calzada e a sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria. A intervención está sendo executada por Canarga Construcciones.

O orzamento supera os 86.000 euros.

A conservación do bo estado das estradas de titularidade municipal é cuestión prioritaria na xestión do goberno local por implicar que se faciliten as comunicacións rodadas e os accesos aos máis de trescentos núcleos de poboación rural existentes no concello da Laracha.
As próximas obras de mellora da rede viaria que executará o Concello localízanse na parroquia de Golmar, en concreto no núcleo de As Talladas e nos accesos ao Vilar do Boi (parroquia de Soutullo) desde Fragoso.